Rodolfo Almirón Sena considerado o xefe da organización terrorista AAA (Alianza Anticomunista Arxentina) foi detido o pasado xoves en Valencia. Rodolfo Almirón, de 70 anos de idade, vivía en España dende 1975. Durante algúns anos e ata 1983 Almirón, presunto autor directo de varios asasinatos, traballou como xefe de seguridade de Manuel Fraga, que naquel entón lideraba a Alianza Popular. O Movimiento de Argentinos en el Exterior presentou unha querela contra Almirón e pediu que se citase na causa, entre outros, a Manuel Fraga e a Alberto Ruiz-Gallardón.
Almirón foi un estreito colaborador de Juan José López Rega, ex ministro do goberno de Isabel Perón. A chamada Triple A cometeu máis 600 asasinatos durante a segunda metade da decada dos 70.