Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGÁRDASE UNHA NOVA SUBA DAS HIPOTECAS

O euribor superou o 4% por primeira vez dende 2002

O euribor, o interese ao que emprestan os bancos cartos entre eles a 12 meses vista, superou hoxe o 4%, algo que non acontecía dende maio de 2002. O euribor calcúlase a diario e a súa media mensual emprégana a maioría das entidades bancarias para fixar os custes das hipotecas variábeis. Os expertos coidan que este novo encarecemento do diñeiro vaise traducir nunha nova suba das hipotecas nos vindeiros días, o que sería a decimoquinta consecutiva.

- 13:16 27/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)