Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PLATAFORMA POR UNHA VIVENDA DIGNA PIDE MEDIDAS URXENTES CONTRA A ESPECULACIÓN

Os analistas prevén que o prezo da vivenda suba un 8% en 2007

Acceder a unha vivenda será un pouco máis difícil no vindeiro ano. Os expertos consideran que o prezo dos inmobles experimentará unha suba dun 8%. Os datos confirman unha certa desaceleración do bum inmobiliario aínda que o incremento vai ser sensibelmente maior ca o do IPC. Segundo os analistas consultados por Europa Press, agárdase que en 2008 e 2009 as subas sexan inferiores ás de 2007, entre un 5 e un 6%. Mentres tanto, a Plataforma por Unha Vivenda Digna pidelle ao goberno medidas urxentes para acabar coa "dramática situación" que viven os que queren acceder a un fogar.

- 11:30 26/12/2006
Tags:

O sector inmobiliario no Estado español comeza a dar sinais esperanzadores. Por primeira vez en moitos anos a suba que se agarda na vivenda é inferior ao 10%. Aínda así, os prezos continúan a poñer en serios apretos a aqueles que queren ter un fogar propio. A Plataforma por Unha Vivenda Digna constata unha maior preocupación na sociedade pola carestía dos pisos. Logo de que milleiros de persoas saíran ás rúas o pasado día 23, o colectivo demanda pasos decididos do goberno central para pórlle couto á especulación urbanística. Esixen que os prezos dos fogares sexan acordes aos salarios dos traballadores.


0/5 (0 votos)