Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CASE TODAS AS VÍTIMAS DESTAS ARMAS SON CIVÍS

Greenpeace pide prohibir a construción de bombas en acio

Os colectivos humanitarios avalían que máis de cen mil persoas morreron xa por causa deste tipo de explosivos, que en países como Laos, e trinta anos despois de que os sementaran, seguen causando varias vítimas todos os meses. As últimas versións mesmo imitan na súa forma as caixas de axuda humanitaria, ou teñen cores e formas que as fan confundir con outros obxectos. Os cativos acostuman ser vítima habitual destas bombas en acio que, no 98% dos casos, feren e matan a civís. Desde Greenpeace lembran que o goberno español permite a fabricación, venda e almacenamento destas armas. Por iso solicitan a súa prohibición inmediata, criticando o paradoxal de que se autorice comerciar con elas e despois se colabore en custosas misións internacionais para limpar o solo delas.

  • A ONU acusa a Israel de utilizar armamento ilegal

- 07:04 22/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)