Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DO RACE

O 16% das estradas teñen tramos moi perigosos

Un 16% das estradas galegas manteñen treitos de elevado perigo para a circulación. A nivel estatal os datos só son peores en Asturias, Aragón, Valencia e Murcia, segundo o recente estudo do Real Automóbil Club, RACE. Xa que logo, moi por riba da media do Estado, en Galiza atópanse até trece zonas de risco alto ou medio-alto, e 27 de risco medio. Entre as máis perigosas, sete están na provincia de Lugo, cinco na de Pontevedra e unha na da Coruña. O informe analizou vías e accidentes producidos nos últimos meses e concluíu que treitos como a N525, entre Silleda e Oca, ou a N6, na altura de Nadela, están entre os de maior risco.

  • Tráfico recada en Galiza 173 millóns e só inviste 26
  • Case 300 millóns de euros serían necesarios para garantir a boa conservación das estradas
  • O borrador da "Lei da Policía de Galiza" inclúe a xestión do tráfico viario

- 10:58 20/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)