Islandia, un dos países máis conectados á rede do mundo, quedou sen este servizo durante a pasada fin de semana. A razón da avaría foi un cabo roto, o "Cantat-3", que une a illa co Canadá. Ademais desta infraestrutura só hai outra conexión, neste caso entre Islandia e Escocia. Os problemas comezaron na mañá do sábado. Por mor do fallo, hospitais, empresas e particulares quedaron sen internet. Durante as semanas que se tarde en arranxar o problema, a illa nórdica disporá dunha conexión provisional máis lenta.