Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
E OS CATALÁNS CELEBRÁRONO NO EUROPARLAMENTO

O día que Flandres conseguiu a independencia... virtual

O aviso urxente de "interrumpimos a programación" chimpou ás pantallas durante a emisión dun programa informativo na televisión pública belga de Valonia, RTBF, na mesma xornada en que se emitía un documento sobre o conflito lingüístico entre flamengos e valóns. Un xornalista anunciou entón que o Parlamento flamengo proclamara a independencia de Flandres respecto de Bélxica e deu paso a unha rolda de conexións: Seica o monarca Alberto II fuxira ao extranxeiro, trens e avións bloqueados e desviados, políticos e coñecidos persoeiros valoraban publicamente o acontecido, presuntas imaxes de independentistas cataláns celebrando a decisión no Europarlamento... A noticia resultou ser unha brincadeira, preparada con detalle e durante semanas pola canle. Recomendámoslles ampliar en Belgovision e no International Herald Tribune.

- 10:39 15/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)