Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMANCIO ORTEGA ENCABEZA A CLASIFICACIÓN DAS MAIORES FORTUNAS

Catro empresarios galegos, entre os máis ricos do Estado

A lista das persoas máis ricas do Estado que elaborou o xornal madrileño El Mundo conta con poucos galegos, aínda que, os que hai, atópanse en postos ben destacados. Así, o primeiro da táboa é o empresario Amancio Ortega Gaona, nado en León pero afincado en Galiza. A súa fortuna calcúlase en 15.774 millóns de euros. Presidente do grupo téxtil Inditex, do que posúe o 59,29%, tamén conta con participacións na empresa hoteleira NH (10%), no Banco Pastor (5%) e no grupo Agbar (5%). Ortega está ademais entre os máis ricos do mundo: Forbes sitúao no posto 23. O informe salienta o carácter enigmático e reservado do empresario, pouco amigo dos medios de comunicación.

- 12:05 11/12/2006
Tags:

A seguinte da lista é a ex-muller de Ortega, Rosalía Mera Goyenechea, que se atopa no posto undécimo e é ademais a segunda muller coa maior fortuna de España, só por detrás de Esther Koplovitz. Os 2.297 millóns de Mera, cofundadora de Zara, inclúen o 6,99 por cento de Inditex, un 5% de Riofisa e outro tanto de Zeltia. Dela destácase a súa aposta polo labor social, a través da fundación Paideia Galiza, e a diversificación que fixo do investimento. No vixésimo posto está o betanceiro Xosé Manuel Loureda Martiñán, fundador e ex-presidente da construtora Sacyr, que comezou de xefe de obra e agora posúe o 13,44% de Sacyr Vallehermoso. A súa fortuna calcúlase en 1.737 millóns.

Na clasificación dos 50 máis ricos segundo as súas participacións, atópase nunha posición destacada Manuel Jove, na categoría de máis de 3.000 millóns. Do empresario coruñés, fundador de Fadesa, dise que é o multimillonario do estado máis desexado e con máis diñeiro dispoñíbel para investir, pois entre o seu patrimonio e a súa capacidade de endebedamento pode pasar dos 6.000 millóns de euros. A súa recente decisión de vender o 54% de Fadesa (2.200 millóns de euros) e o 5% de Unión Fenosa (600 millóns) convertérono no punto de mira doutras empresas que se atopan á procura de investidores. O informe salienta a importancia do sector da construción dentro da clasificación das meirandes fortunas de España.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: