Carlos Núñez, que xa tocou en edicións anteriores do VIII Festival del Mil·lenni, ofrecerá nesta ocasión un concerto acompañado polos 64 músicos da Orquestra Nacional Clàssica d'Andorra coas bandas sonoras de películas, algunhas compostas por el. O gaiteiro comparte cartel con nomes consolidados do mundo da música pero de estilos tan diferentes como Gilberto Gil, Raimon, M. Dolores Pradera, Falete, Jaume Aragall ou Ute Lemper.
A organización do festival subliña que Carlos Núñez se converteu nun gaiteiro dun virtuosismo excepcional que tamén posúe unha formación clásica que lle permitiu abrir con rigor pontes con outras músicas, como a clásica. De feito o propio músico defende que en Galicia a música clásica e a popular estiveron en contacto desde a Idade Media, grazas á peregrinación a Compostela e ás Cantigas. Ese intercambio mantívose deica a actualidade.
Carlos Núñez coa Orquestra Nacional Clàssica d'Andorra (ONCA)
VIII Festival del Mil·lenni
21 de decembro de 2006 ás 21:30
Palau de la Música Catalana
Sant Francesc de Paula, 2 - Barcelona
Entradas de 27 a 52 euros.