O santiagués Borja Golán revalidou esta fin de semana o seu título de campión no Máster Estatal de Squash. O xogador galego impuxo en Pontevedra a superioridade que lle permitiu gañar hai dúas semanas no Aberto de Wolverhampton. Golán gañou os tres encontros que desputou por 3-0. Nos cuartos deixou fóra a Pedro Ezpeleta, campión de España iúnior; nas semifinais o mallorquino David Vidal; e na final o catalán Oriol Salviá. Na categoría feminina a viguesa Xisela Alonso obtivo a quinta praza.