Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
HAI UNHA SEMANA

Crónica da oitava edición do Magosto en Barcelona

Un ano máis celebrouse no merendeiro Font de les Planes (Les Planes-Barcelona), o pasado 11 de novembro, o Magosto 2006. Coa participación de 260 persoas, xa se pode dicir que acadou, nesta oitava edición, unha clara traxectoria de continuidade. Informa Xosé Sancho.

- 23:19 18/11/2006
Tags:

A xa clásica festa: xogo de billarda, corda, castañas, churrasco, licor café, música e baile tradicional... Este ano cómpre subliñar un engadido coa continuidade da celebración no Casal de Joves de Prosperitat, até as dúas da mañá, coa actuación do grupo de funky galego Loreta Martin, de xira nestas datas por Catalunya. E tamén cunha queimada que contou coa colaboración de dous mestres queimadores con estilos de seu moi diferenciados: Alberte Montes, bases e conxuro a xeito hip-hop, micro en man; e Paulo Jablonsky, conxuro a peito descuberto, coa maxia do lume e da verba espida. Esta edición do Magosto contou co apoio da nova plataforma Rede.cat.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: