Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSADO DE ABUSAR SEXUALMENTE DUN CATIVO

Condenan o crego que encubriu o arcebispado de Rouco Varela

O Arcebispado de Madrid, co cardeal galego Rouco Varela á fronte, foi declarado responsábel civil subsidiario no caso de abusos sexuais a un rapaz de doce anos e deberá pagarlle á familia unha indemnización de 30 mil euros. A sentenza condena a dous anos de cárcere ao acusado, o crego Rafael Sanz, considerando probados os abusos. Malia coñecer os feitos, o Arcebispado teimara en ocultalos, presionando os catequistas que descubriran o caso para que o ocultasen e trasladando o crego a outra parroquia.

  • Anteriores: Rouco Varela terá que comparecer no caso dun crego acusado de pederastia
  • Iglesia sin Abusos denuncia que Rouco nunca quixo recibilos para estudar medidas contra os pederastas

- 09:28 14/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)