Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO ANOS DESDE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Nunca Máis lembra os traballos pendentes para protexer o mar

"As mareas negras seguen sendo moi baratas para as empresas que transportan o fuel e segue habendo un tráfico intenso de mercadorías perigosas mesmo en buques en mal estado". Laiábase así Sebastián Losada, voceiro da campaña de Océanos do colectivo ecoloxista Greenpeace, "tampouco hai lugares refuxio identificados, incumprindo a recomendación da Organización Marítima Internacional. Os grupos ecoloxistas foron protagonistas este domingo dunha mobilización que malia convocar menos xente que noutras ocasións amosou que algunhas das reivindicacións básicas logo do afundimento do Prestige seguen aínda vixentes. Os colectivos coinciden en criticar que os sucesivos gobernos apenas presionaron para mudar unha política de transportes que agoira futuros accidentes. No que vai de ano, máis de 12 mil buques con sustancias perigosas pasaron diante das costas galegas. Catro anos despois "outro Prestige aínda pode repetirse", advirte a Plataforma Nunca Máis.

  • Galería fotográfica
  • Na web de Adega: Pola seguridade do noso mar
  • Na web de Verdegaia: o Prestige como exemplo dun modelo enerxético e de consumo de recursos irracional e destrutivo
  • A UE propón avanzar na vía penal contra os vertidos ao mar
  • Catro anos despois do Prestige haberá á fin Plan de Continxencias por Contaminación Mariña
  • Unanimidade no Parlamento para esixir un buque anticontaminación

- 12:35 13/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)