Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOITE DE ELECCIÓNS EN CATALUÑA

Carod (ERC) subliña que o seu partido "é o único imprescindíbel"

"Cataluña non quixo que houbera maiorías absolutas senón diversidade e a sociedade apostou por un goberno de coalición e tamén porque Esquerra estea nese goberno", destacou Josep Lluís Carod-Rovira, candidato de ERC a presidir a Generalitat. "Os cidadáns queren que ERC volva gobernar e agora que aprendemos e que nos destes unha segunda oportunidade, non vos imos defraudar", explicou Carod diante da súa militancia e simpatizantes.

- 22:25 01/11/2006
Tags:

Carod indicou explicitamente que a súa formación iniciará diálogo fronte ás dúas posibilidades abertas de pacto, tanto cara a CiU como na reedición do tripartito e reflexionou que a estratexia de ERC pasa por garantir un goberno de coalición "estábel e rigoroso". "É necesaria unha política de pactos nacionais entre os partidos no goberno pero tamén cos da oposición, e ademais, unha estratexia unitaria en Madrid nos temas esenciais", opinou.

Anteriormente, falara o secretario xeral de ERC, Joan Puigcercós, advertindo que "hai varias chaves" e louvando que "os cidadáns volveron confiar en Esquerra". "Seremos decisivos na política catalá e iso vainos permitir defender os dereitos nacionais e as políticas sociais máis favorábeis aos cidadáns". Puigcercós opinou que CiU "perdeu esta loita electoral", malia que afirmou que a súa formación ten "vontade construtiva" e a intención de "falar con todos os partidos" e avisou que "hai máis dunha chave e non todas están en Cataluña".


0/5 (0 votos)