Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PYONGYANG VE NAS SANCIÓNS DO CONSELLO DE SEGURIDADE UNHA "DECLARACIÓN DE GUERRA"

China constrúe un valado para impedir o paso de refuxiados norcoreanos

China estase a preparar ante unha hipotética avalancha de refuxiados norcoreanos nas súas fronteiras. O goberno do xigante asiático ordenou estes días a aceleración das obras de construción dun valado na fronteira con Corea do Norte. En Beixín témese que a crise nuclear traia unha chegada masiva de refuxiados ao país. Ao mesmo tempo, desde a capital norcoreana, Pyongyang, cualifícanse as sancións do Consello de Seguridade da ONU como "unha declaración de guerra".

- 10:36 18/10/2006
Tags:

Desde o Ministerio de Exteriores chinés asegúrase que coa construción deste valado fronteirizo procúrase: "mellorar a xestión e as condicións de control, e asegurar o bo orde nas fronteiras". Malia isto, moitos ven no proxecto o temor de China a recibir unha avalancha de refuxiados norcoreanos se a crise nuclear non se soluciona.

O diario El País recolle a opinión de expertos do Instituto de Estudos Orientais e Occidentais en Seúl que aseguran que Beixín comezou a construír valados con arames de espiño nas zonas máis frecuentes de paso de emigrantes ao longo do río Tumen. Tamén é un xeito do Goberno chinés delimitar claramente as súas fronteiras ante unha posíbel reclamación de Corea do Surde para unha reunificación co norte.

Mentres, en Pyongyang consideran as sancións impostas polo Consello de Seguridade da ONU como unha "declaración de guerra". Desde o Goberno norcoreano asegurase que "non ten sentido agardar que a República Democrática Popular de Corea, que permaneceu imperturbábel ante calquera tormenta e tensión no pasado, cando non tiña armas atómicas, vaia a dobregar ás presións agora que se converteu nun estado con armamento nuclear".


Ligazóns

0/5 (0 votos)