Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÍA EMITIRSE NA NOITE DO MARTES

Suspenden o programa que anunciaba que un de cada tres deputados italianos se droga

‘Garante per la privacy’, un organismo encargado de velar pola privacidade dos cidadáns , decidiu ordenar a suspensión da emisión do programa Le Iene. O espazo da canle Italia 1, propiedade de Silvio Berlusconi, ía emitir esta noite unha reportaxe sobre o presunto consumo de drogas por parte dos deputados italianos. Segundo anunciara a dirección do programa, un test realizado aos parlamentarios sen o seu coñecemento sinalaba que un de cada tres consumira no día anterior marihuana ou cocaína.

  • Anterior: Un de cada tres deputados italianos drógase, segundo un programa de televisión

- 15:34 10/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)