Finalmente, o ruxerruxe converteuse en noticia confirmada nas últimas horas: Youtube pasa a formar parte de Google a cambio duns 1.300 millóns de euros. Google segue así axitando o escenario tecnolóxico, e cando non é coas novidades saídas dos seus propios laboratorios é a través da compra de e-proxectos para complementar o seu imperio internáutico. Con todo, a adquisición desta exitosa plataforma de publicación de vídeos de balde é a maior operación realizada deica agora, movemento estratéxico que Google realiza malia ter o seu propio servizo de intercambio de vídeos. Segundo anunciaron, de momento Youtube seguirá o seu funcionamento independente, aínda dependendendo en última instancia do xigante motor de busca.