Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN POLÍTICO EN APUROS

O alcalde de Ortigueira pide desculpas ao pleno polo polémico vídeo con Pocholo

O poder da imaxe é innegable. Disto pode dar boa proba o alcalde de Ortigueira, Antonio Campo (PP). A noite de troula que pasou en Ibiza co histriónico Pocholo Martínez-Bordiu quedou gravada en vídeo e incluso foi emitida no programa que dirixe o estrafalario curmán de Carmen Martínez-Bordiu en La Sexta. Pois eses minutos de "gloria" foron os causantes do pleno extraordinario que se celebrou hoxe en Ortigueira. Aínda que a oposición, composta por socialistas e nacionalistas, consideraba que o alcalde debía dimitir pola súa "patética" imaxe, Campos limitouse a pedir desculpas publicamente.

- 10:03 05/10/2006
Tags:

Hai días nos que é mellor non saír da casa. Unha noite de copas con Pocholo e a desmesura nas palabras foi suficiente para poñer ao rexedor contra as cordas diante da opinión pública. Por se isto fora pouco, Campo ía acompañado na foliada ibicenca de dous traballadores municipais. Entre sopros de gaitas e de consumicións efervescentes as intervencións do alcalde van subindo de tono, á vez que fachendea diante dos presentes cun feixe de billetes. A oposición política de Ortigueira sinala que esta non é, nin moito menos, a única pega da carreira política do rexedor e empresario. Dende o BNG denunciaron publicamente presuntas persecucións laborais a determinados funcionarios ou operacións urbanísticas de dubidosa legalidade.

Antonio Campos goberna Ortigueira dende 1999. Nos últimos comicios muncipais, logrou nove dos trece concelleiros encabezando a lista do Partido Popular. Pertence a unha familia de acaudalados empresarios, entre os que destaca Epifanio Campo, coñecido empresario de Bergantiños, que xa na década dos sesenta descubriu que debaixo do val das Encrobas se agochaba lignito. Antonio Campo foi e é, segundo fontes conservadoras, un dos principais adalides de Xosé Cuíña na provincia coruñesa. O seu carácter extrovertido ten posto en máis dun apreto público a conselleiros da Xunta anterior.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: