O imperio de Google segue medrando case a cada día. Non só en cantidade de servizos, senón na oferta deses servizos. Desta volta é Google Books o que medra; e como? Coa axuda da biblioteca da Universidade Complutense de Madrid, coa que acaba de chegar a un acordo para dixitalizar todos os seus fondos de dominio público, é dicir, os non sometidos a dereitos de autor.
Deste xeito, o contido íntegro dos miles de volumes que van ser dixitalizados estará accesíbel publicamente na rede, por medio de Google Books. Deste traballo vanse encargar a medias entre a empresa e a biblioteca, que é a segunda máis grande do estado.
Este proxeto súmase a outros acordos de Google con diferentes bibliotecas referenciais en todo o mundo. Polo momento colaborarán no 'Google Library Project' coas universidades de Oxford, California, Michigan, Harvard e Stanford, coa biblioteca pública de Nova York e coa do Congreso estadounidense.