Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[PIRAGUISMO]

Bea en C-1, e Ferro e Graña en C-2, prata no mundial de Tremolat

O piragüismo galego volve do mundial de maratón de Tremolat con dúas pratas no seu haber. Se na xornada do sábado era Bea quen acadaba o segundo mellor tempo en C-1, o domingo, a parella de vilagarciáns formada por Ramón Ferro e Óscar Graña obtiveron a prata. Ferro e Graña melloran así o bronce do último mundial e mesmo demostraron que ben poderían ter acadado o ouro logo de ocupar o liderado durante boa parte da proba.

- 15:37 25/09/2006
Tags:

As pratas de Alfredo Bea no C-1 e Ramón Ferro e Óscar Graña no C-2 son o botín que os palistas galegos traen do mundial de maratón de Tremolat. En total, dous dos cinco metais que a expedición española acadou na cita.

O sábado foi Alfredo Bea quen obtiña a prata na C-1 revalidando así o seu título de subcampión. Bea só foi superado polo húngaro Csabai. Outro galego, Antonio Campos rematou cuarto na mesma proba.

Na xornada do domingo, foron Ferro e Graña os protagonistas ao obter o segundo posto no C-2. Os galegos lideraron boa parte da proba na que os vencedores, Csabai e Gyore, partían como claros favoritos. Ao final, só 12 segundos separaron aos galegos da incuestionable superioridade húngara.

Outra galega, María Piñeiro, xunto coa vasca Naiara Gómez, acadou un meritorio cuarto posto en K-2.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: