Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
25 ANOS CONTRA A FOSA ATLÁNTICA

Altofalante lembrará en Ribeira a travesía do Xurelo

En setembro de 1981 saía do porto de Ribeira o palangreiro Xurelo camiño da Fosa Atlántica, baixo a bandeira Defender o mar, salvar a vida onde varios paises europeos estaban depositando, a só 340 millas da costa galega, residuos radioactivos. Cunha tripulación composta por ecoloxistas, xornalistas e representantes políticos, principalmente de Esquerda Galega, navegaron até alí para denunciar publicamente o que se lle estaba facendo ao noso mar. No ano 82 nunha nova singradura na que participaron barcos de Greenpeace, o Pleamar e o Arousa I, e o propio Xurelo, volveron facer pública a semente de morte que deixaba a rica Europa perto das nosas costas. Na súa lembranza, a asociación cultural Altofalante de Ribeira desenvolverá o sábado 23 de setembro ás 20:00 no Auditorio Municipal un acto ao que asistirán tripulantes daquelas viaxes.

- 11:59 15/09/2006
Tags:

Dende a AC Altofalante queren comemorar aquel episodio da loita galega na defensa do mar da Galiza, que pode ser considerada como un dos orixes da conciencia galega para defender o mar. Entre os que viaxaron naquel entón figuraban Manuel Rivas, Gonzalo Vázquez Pozo, Enrique Álvarez Escudero, Camilo Nogueira, Pili Pereiro, Ánxo Vila (Patrón do Xurelo), Xurxo Lobato, Manuel Méndez e o recentemente finado Xan Traba entre outros.


Ligazóns

3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: