En poucos días rematará a prórroga solicitada pola policía metropolitana de Londres para preparar mellor a súa defensa fronte ás acusacións e as probas en contra despois do asasinato en xullo de 2005 do mozo brasileiro Jean Charles de Menezes. Lembrámoslles que poucos días despois dunha vaga de atentados, Menezes, que ía sentado no metro, foi presuntamente confundido cun terrorista e axentes policiais descargaron varios disparos sobre el mesmo antes de proceder a identificalo. Agora, e antes de que o próximo martes comece o xuízo contra Scotland Yard, a prensa británica revela que a comandante Cressida Dick, unha das implicadas na operación, vai ser ascendida a subcomisaria. Anteriores: