Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REBAIXA DA TENSIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO

Hamás e Al Fatah acordan un goberno conxunto

Nun prazo de 48 horas será disolto en Palestina o actual goberno en solitario de Hamás para dar lugar formalmente ao novo executivo de unidade arranxado nas últimas horas por Hamás e Al Fatah. Así o anunciaron este luns o primeiro ministro palestino, Ismail Hania, e o presidente da Autoridade Nacional Palestina, ANP, Abú Mazen, líderes respectivos de cada unha das dúas formacións políticas. E malia que aínda non se coñecen os detalles do acordo, o avance en si será clave para a eliminación do bloqueo económico que está causando unha grave crise humanitaria no país. Ademais, o pacto basearíase na chamada resolución dos presos, co que Hamás recoñecería por vez primeira e de xeito indirecto ao Estado de Israel. Máis información en Haaretz e Wafa.

- 06:56 12/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)