Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DAS DENUNCIAS POLOS ESCESOS DO GOBERNO COLOMBIANO

Amnistía acusa a Uribe de incitar ao ataque ás asociacións humanitarias

"Os ataques contra activistas de dereitos humanos en Colombia teñen unha dobre fin: silenciar a unhas persoas e impedir que outras sigan con seu labor", critican desde Amnistía Internacional, logo de que o presidente colombiano, Álvaro Uribe, insinuase que hai organizacións humanitarias vencelladas ao terrorismo. Segundo Amnistía, Uribe axuda así a que os colectivos sexan branco das accións de grupos armados paramilitares. A asociación internacional lembra que nos últimos catro anos morreron máis de trescentos activistas sindicais e traballadores humanitarios en Colombia e critica a impunidade coa se ataca a estas persoas e o silencio ao respecto desde o goberno do país. Poden ampliar na web de Amnistía.

- 06:07 08/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)