Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
SEGUNDO AFIRMA O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Está Reganosa fóra da lei?

O Comité Cidadán de Emerxencia vén de sinalar novamente a existencia de irregularidades no proxecto de construción da pranta de Reganosa, en Mugardos. Segundo esta entidade, as obras da regasificadora están fóra da lei atendendo a dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de xuño de 2004 e xuño de 2006. Esta última, que anula por segunda vez o procedemento de tramitación ambiental seguido pola empresa, poderá ser recurrida ata o vindeiro 12 de setembro. O Comité Cidadán solicita agora que a Consellaría de Medio Ambiente -demandada na devandita sentenza- non presente recurso algún perante o Tribunal Supremo.

- 12:40 07/09/2006
Tags:

Segundo apuntan dende o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, o proxecto de Reganosa e as súas obras son ilegais. Así o determinarían dúas sentenzas do TSXG, de xuño de 2004 e 27 de xuño de 2006. A segunda delas anula por segunda vez o procedemento de tramitación ambiental seguido pola empresa, que está a instalar unha pranta de gas en Mugardos. Na devandita sentenza resulta demandada a Consellaría de Medio ambiente, resultando codemandada a propia Reganosa.

O día 12 de setembro dará remate o prazo establecido para a presentación de alegacións á sentenza de 2006. Atendendo a estes feitos, o Comité Cidadán quere facer público que ten solicitado á Xunta de Galicia que a Consellaría de Medio ambiente non presente recurso algún á mesma.

A este respecto, a avogada que representa ao colectivo, Patricia Gabeiras, fai unha chemada á reflexión para que o actual goberno da Xunta revise o que "ten herdado no caso Reganosa".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: