Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Xosé Antonio Hermida, implicado na operación antidopaxe Puerto

O corredor catalán de orixe galega Xosé Antonio Hermida foi afastado da selección española logo de coñecerse o pasado venres a súa implicación na operación antidopaxe Puerto. O ciclista, que estes días estaba competindo no Campionato do Mundo, non puido participar onte na proba de revezos na que a selección española defendía o título. Segundo o secretario xeral da Federación Española, Eugenio Bermúdez, a decisión de que non competise estivo motivada en que "é algo que está estipulado no regulamento". Malia que Bermúdez asegura que Hermida aceptou a decisión, o corredor xa anunciou a súa intención de emprender accións legais contra a Federación Española de Ciclismo.

- 18:35 22/08/2006
Tags:

Anterior:

  • Xosé Antonio Hermida, bronce nos mundiais de Livigno


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: