En rolda de prensa realizada no aeroporto Internacional de Maiquetía (La Guaira) antes dunha viaxe o presidente Hugo Chávez afirmou que os criticos con Corea do Norte polas súas probas nucleares, son os mesmos que apoian a invasión israelí ao Líbano. O presidente venezuelano acusou á canle CNN de manipular as imaxes da invasión ao Libano favorecendo e enganando á xente para xustificar a invasión.
"Quen critican con maior virulencia, e ademais con altisonancia, con prepotencia a Corea do Norte, son os que ante a agresión israelí contra nenos, mulleres e homes inocentes, no Líbano, non din ren".
O xefe de Estado sinalou que, na invasión ao Líbano, os medios están unha vez máis manexando os feitos, e puxo como exemplo á cadea internacional de noticias CNN, que está manipulando as imaxes da invasión ao Líbano, a cal cualifican de conflito. "Non falan de invasión, non falan de agresión, non falan de nada diso, o conflito; e ademais o exército de Israel contra os terroristas".
O presidente Chávez dixo que os países como Estados Unidos (EUA) e os seus aliados, non teñen moral para criticar a Corea do Norte, "non somos ninguén, para estar criticando a Corea do Norte".
O xefe de Estado venezuelano informou, en canto ao convite que lle fixeron para visitar Corea do Norte, que se está avaluindo a asistencia a ese país, a cal foi feita hai tempo, pero non se puido coordinar as axendas presidenciais. "Si está nos nosos plans, aínda cando non na nosa axenda aínda, esa viaxe a Corea do norte".
Un Mercosur produtivo e social
O presidente venezuelano tamén informou verbo da viaxe que iniciou hoxe por varios países de Europa, Asia e Medio Oriente, non sen antes asistir ao Cume Ordinario de Mercosur en Córdoba, Arxentina.
O presidente Chávez informou que, á xuntanza dos membros do Mercosur que se estará realizando, dende hoxe xoves 20 até o venres 21, en Córdoba, Arxentina, estanse levando un conxunto de propostas, todas orientadas cara ao social.
"O primeiro pecado capital do Mercosur é o déficit social, as grandes disparidades sociais e xa que logo a proposta é en primeiro lugar, iso: atender o drama social dos pobos do Mercosur".
Agregou que só uníndose en economías complementarias e produtivas, a través da ciencia e a tecnoloxía, e os investimentos produtivos; o Mercosur comezará a reducir os altos niveis de dependencia externa. "Esa é outra proposta que levamos nós, o Mercosur produtivo, o Mercosur social, o Mercosur político"
Viaxe a Europa, Asia e o Medio Oriente
O presidente venezuelano precisou que, logo de concluír o Cume do Mercosur, partirá a Bielorrusia. Con Bielorrusia asinaranse varios acordos, entre os que destaca a minería, o transporte pesado, e o tema científico e tecnolóxico.
O primeiro mandatario nacional sinalou que outra cidade a visitar é Moscova, na que sosterá xuntanzas para fortalecer as relacións bilaterais entre Venezuela e Rusia.
O xefe de Estado adiantou que conversará co presidente ruso, Vladimir Putín, sobre o proxecto de gasoduto do sur. "Aspiramos a que Rusia veña coa gran experiencia que teñen nos longos gasodutos"; e engadiu que se asinará a compra dos avións de caza Sukhoi.
Visita a Teherán
Agregou que tamén visitará Quatar, para avaliar a situación do Oriente Medio e a alianza que se ten con este país, e a posibilidade de seguir ampliándoa. "Imos a Teherán, vostedes saben que temos unha alianza estratéxica co pobo de Irán, coa revolución islámica. Exiximos respecto para todos os pobos, neste caso para Irán, de xeito especial, polas ameazas imperialistas contra este irmán país".
O xefe de Estado venezuelano anunciou que pasará revista todos os proxectos que viñeron avanzando desde os tempos do presidente Mohamad Jatami, entre eles a fábrica de tractores venezuelana-iraniana en Venezuela.
O primeiro mandatario nacional sinalou que xa se teñen centos de tractores listos, para ser entregados, e anunciou que agarda que o presidente Amadineyad veña axiña a Venezuela para entregar, xunto a el, outro lote de tractores.
"De aí irémonos a Vietnam, esta visita tamén por vez primeira é sobre todo unha visita de avaliación. Xa temos, con todo, algunhas áreas, e logo baixaremos por África, iremos polo menos a un país africano". O xefe de Estado anunciou que, dependendo do tempo, pasará por Mali, Estado coa que se ten unha axenda conxunta no social, científico e petroleio.
"Pdvsa quere axudar a Mali na exploración e produción, soberana, do seu petróleo, nós non somos imperialistas, respectamos profundamente a soberanía, queremos axudar. Mais convidáronnos a facer unha primeira exploración".
O presidente sinalou que, aínda que nesta viaxe non se puido incluír á China, por non coincidir a súa axenda coa do presidente chinés, para agosto estará no Estado asiático para asinar un convenio de fabricación de trades petroleiros, o cal leva implícito a transferenza tecnolóxica, para comezar a fabricar en Venezuela os trades