Dentro do percorrido que está a facer por toda a costa galega, o antigo alxibe Hidria II, que prestou servizo na ría de Vigo moitos anos, chega ao Morrazo coa súa exposición sobre a represión franquista. Os actos arredor da chegada do Hidria II comezan hoxe mesmo, mércores 19, coa proxección do documental Aillados en Moaña, ás 22:30h, no palco de música.
Actos e datas do Hidria II no Morrazo:
Moaña 20-22 de xullo: Conferencia "O sindicalismo
mariñeiro en Moaña" por Eliseo Fernández. Estrea do
audiovisual "Foi no 36", presentado por Antía Paz.
Proxección de audiovisuais producidos por Xan Pérez
Leira.
San Simón 22 e 23 de xullo: Homenaxe Nacional
ás vítimas do franquismo, representando ao barco prisión
"Upo Mendi".
Marín 27-29 de xullo: Recibimento coa actuación de
gaiteiros. Proxección documental "A fuga de San Cristóbal"
e conferencia de Koldo Plá. Conferencia "A represión
en Marín" por Gonzalo Adrio. Concerto Banda
de Música do Ateneo Santa Cecilia.
Presentación do nº3 da Revista "Ardentía".