O pivote chantadino do Akasvayu Girona, Fran Vázquez, non poderá desputar o próximo mundial de baloncesto debido a unha lesión nas costas. O galego abandonou o sábado a concentración da selección e será substituído no combinado estatal por Marc Gasol. O seleccionador estatal, José Vicente Hernández, lamentou a ausencia de Vázquez xa que "é un xogador moi importante que nos houbera axudado moito no Mundial", afirmou.