O candidato á alcaldía do PP, Antonio Erias, saíu o xoves ben parado do primeiro enfrontamento coa multitude. Contou coa axuda dos "grandes" do PP galego. Proclamou a súa intención de facer unha cidade que non misture rañaceos con chabolas. Aínda que Lendoiro e Erias se saudaron, aínda non se sabe se o incluirá na súa lista.
A intervención de Antonio Erias reflectiu á perfección as súas facetas: a de profesor universitario, e a de político recén licenciado, co arte da oratoria ben aprendido. Erias decidiu que non entraría en descalificacións persoais para defende-lo seu partido e as súas ideas políticas.
Erias referiuse tamén á pouca transparencia do actual alcalde nas súas decisións; e comentou que A Coruña non necesita casas para peixes, senón casas para persoas. Comentou tamén que é necesario un bo servicio de transporte metropolitano, non un tranvía turístico para o deleite do visitante.
Erias resaltou que o principal é que a cidade teña un bo funcionamento, o cal só se consigue cunha boa estructura, o que quere dicir que quere equilibrar os servicios e a construcción de vivendas, algo máis cercano á nosa cidade.
O seu plan estratéxico priorizará o traballo, o desenrolo industrial e o do pequeno comercio. Incluso atopou un tempo para a metáfora: "Tras dezaseis anos de obsesión por manter brilante a carcasa da cidade, chegou a hora de acende-los motores".
E xa rematando, Erias pronunciou unhas palabras nas que, cun ton máis triunfalista, di que comeza a conta atrás do "vazquismo", cun estilo que promete cooperación entre as sociedades públicas e privadas. O seu lema é "pensar antes que actuar", concluiu Erias.
En canto á inclusión de Lendoiro na lista, semella que decisión a tomará o Presidente da Xunta
David Carnota