Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terra Eo-Navia

Edición xestionada pola Asociación Abertal
RSS de Terra Eo-Navia
LINGUA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística desminte que falase duha nova lingua no Eo-Navia

Despós que algus medios calificasen a presencia da Directora Xeral de Política Lingüística, Marisol López, no Parlamento de Galiza como de aprobación da existencia duha nova lingua no Eo-Navia, un comunicado da mesma desminte completamente esta versión.

- 12:02 08/07/2006
Tags:

A Secretaría falou duha "non lingua" tal como recolleron os teletipos, e afirmou que existen contactos con Asturias na materia peró admitindo que a situación non é nada fácil. Esta foi a resposta da Secretaria á intervención del deputado del Bloque Nacionalista Galego Bieito Lobeira que destacou que existen territorios e comarcas de lingua e cultura galegas no Bierzo, Eo-Navia (Asturias) e As Portelas de Seabra en Zamora, sin reconocemento legal e as localidades cacereñas del Val de Ellas.

A Secretaria manifestou que tanto el Goberno asturiano como a Academia de la Llingua asturiana defenden uha "non lingua" como "gallego-asturiano" e que sempre a Xunta tratou de establecer pontes peró tratase según a Secretaria dun conflito lingüístico e non institucional, e apostou por tentar pouco a pouco ir convencendo, querendo ademais ofrecerlle el sou apoio nesta materia como se fai con Castilla e León.


0/5 (0 votos)