Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[Básquet][Selección Galega]

O básquet feminino toma o relevo en Vigo

O Pavillón das Travesas será o escenario este xoves do primeiro partido da selección galega de básquet feminino. O encontro, que enfrontará a Galiza coa selección xaponesa estará precedido, ao igual que o mércores en Lugo, por un enfrontamento de veteranas entre a selección galega e a española. Logo do éxito dos homes, que gañaron por 63-58 aos xaponeses, as miradas diríxense agora cara a selección dirixida por Xoán Corra, quen disporá na cancha un equipo novo en idade pero con moita experiencia.

- 10:15 29/06/2006
Tags:

O pasado martes presentaouse en Vigo o partido que este xoves deputará a selección galega de básquet feminino contra a selección xaponesa. O acto de presentación contou coa presenza de Santiago Domínguez, director xeral para o deporte; Xoan Corral, seleccionador galego; Víctor Varela, seleccionador galego de veteranas; e Lucía Molares, concelleira de deportes de Vigo.

Dúas horas antes do comezo do partido contra Xapón, as veteranas galegas enfrontaranse ás veteranas da selección española. O seleccionador galego reiterou a importancia de que sexa Vigo a cidade de a cidade que acolla esta estrea: "Sen Vigo sería imposíbel facer esta selección. Tentamos facer unha selección representativa de todo o baloncesto galego e con xente de gran calidade que conseguiu grandes resultados deportivos na súa época".

Pola súa parte, Santiago Domínguez, director xeral para o deporte, animou á cidadania a que participe e lembrou que o partido de veteranas será "un grande espectáculo que nos fará recordar os vellos tempos". Segundo Domínguez, "a selección galega nace co obxectivo de perdurar polo que a partir de agora haberá un contacto permanente coa federación para tentar xogar durante o ano, de xeito itinerante para que toda Galiza poida ver a súa selección".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: