Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE PARLAMENTARIO

Do "paternalismo" ao "reequilibrio": o exemplo das Galescolas

"Trátase de facer realidade as previsións legais", comentou este mércores o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, explicando que a rede de centros de educación infantil do programa "Galescola" contribuirá a facer real a previsión do Plan de Normalización Lingüística, cara o 50% do uso do galego nas aulas. Quintana inseriu o proxecto na vontade de "reequilibrio territorial e institucional" impulsada pola Xunta, fronte ás anteriores "políticas paternalistas na aplicación dos investimentos sociais". Destacou o Vicepresidente que as axudas condicionadas "á cor política dos concellos" mudasen en criterios obxetivos dos que sería exemplo "o consorcio galego de servizos de igualdade e benestar".

  • Anteriores: O curso que vén seguirá sen haber un plan para levar o galego ás aulas de infantil
  • No escáner de Vieiros: Que facemos co ensino infantil?

- 07:05 22/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)