Co obxectivo de rematar coa situación na que se atopa Ugio Camanho e Giana Rodrigues nace a plataforma cidadá ‘Que Voltem a Casa’. A iniciativa esixe o respecto dos dereitos democráticos e constitucionais como a presunción de inocencia, a reclamación do traslado de Camanho e Rodrigues a cárceres de Galiza e a súa posta en liberdade condicional á espera da data do xuízo e a promoción das medidas informativas necesarias para a sensibilización social. A plataforma conta xa con numerosos apoios de persoeiros do mundo do sindicalismo, do empresariado ou da intelectualidade.
Este xoves 22 de xuño, presentarase en rolda de prensa a ‘Plataforma Cidadá Que Voltem a Casa!’ que nace co obxectivo de defender os dereitos democráticos e denunciar a situación na que se atopan os presos galegos Ugio Camanho e Giana Rodrigues. A iniciativa nace da preocupación de diversos sectores sociais pola "irregular situación xurídica e penitenciaría" na que se atopan Camanho e Rodrígues, recluídos en prisión preventiva e á espera de xuízo desde hai case un ano en cárceres a non menos de 600 quilómetros dos seus domicilios, "nunha situación que incumpre a legalidade vixente".
A iniciativa xa recadou numerosos apoios do mundo do sindicalismo, do empresariado ou da intelectualidade, como son Antolín Alcántara, Carlos Taibo, Margarita Ledo, Vítor Belho, Séchu Sende, Xerardo Abraldes, Antón Lopo e un longa lista de sinaturas constitúen o primeiro núcleo de apoios que "se irá ampliando a medida que a plataforma adquira dimensión pública".