O colectivo musical galego Arkestra estará representado no Festival Sónar 06, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xuño en Barcelona. A artista viguesa BFlecha, líder da banda Armadillo, estará pinchando no escenario Village o sábado 17 ás 12 horas. Pola súa parte Mwëslle participará no festival catalá por partida dobre. Primeiro como dillei o venres e o sábado dentro do showcase do selo Kindred Spirits.
Arkestra, que vén de celebrar o seu primeiro aniversario, estará presente no Festival Sónar 06 que se levará a cabo esta fin de semana en Barcelona.
Bflecha pinchará no escenario Village o sábado 17 ás 12 horas. A produtora viguesa, responsábel da banda Armadillo, dará por comezadas as actuacións do día coa súa mestura de jazz, soul, hip hop e beats.
Pola súa parte, Mwëslee participará primeiro como dillei o venres 16 a partir das 15 hroas no lounge que organiza cada ano a Red Bull Music Academy. O sábado 18, ración dobre no escenario Dome, ás 21.20 onde Mwës dentro do showcase do selo Kindred Spirits, estará presentando en directo e en exclusiva os temas que compoñen Megaplast, o seu debut para a discográfica holandesa, así como algúns dos novos temas que incluirá no seu traballo largo, que verá a luz no 2007.
O showcase o compretarán o directo de La Melodía e o dillei set de Rich Medina e o capo do selo, Antal. Outros artistas que compretan o cartel do Sónar este ano serán Dj Shadow, A-Track & Diplo, Gilles Peterson, CHIC, Herbert ou Digable Planets.