Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA DE CULTURA

Poetas galegos na bolsa do pan

A maioría das casas galegas terán todos os días enriba da súa mesa unha escolma de poemas galegos grazas á iniciativa ‘Pan con poesía’ da Consellaría de Cultura e Deporte. Un total de 627 despachos de pan de toda Galiza repartiran as barras cunha bolsa que levará escritos seis poemas doutros tantos autores e autoras da nosa literatura. A consellaría quere con esta actividade espertar na xente o interese pola nosa poesía.

- 12:18 13/06/2006
Tags:

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou hoxe 'Pan con Poesía' nunha panadaría de Santiago de Compostela, xunto co vicepresidente da Federación de Panaderías da provincia de Pontevedra, Benigno Cervera. Así, anunciouse que a consellaría, en colaboración coa Federación Galega de Panadarías, distribuirá 150.000 bolsas e 2.000 carteis promocionais en todos os establecementos da Federación.

Segundo a consellaría, desta maneira, a maioría das casas galegas terán todos os días enriba da súa mesa ou nun lugar ben visible unha escolma de poemas galegos. As bolsas levan textos poéticos de Rosalía de Castro, Ana Romaní, Celos Emilio Ferreiro, Antón Avilés de Taramancos, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo e Uxío Novoneyra.


0/5 (0 votos)