No Número 143 do Grial publícase unha estupenda entrevista co biólogo Daniel Soutullo, sobre o Proxecto Xenoma Humano (PXH). As vantaxes e prexuízos asociados ó coñecemento do código xenético, son obxecto da análise de Soutullo, así como o alcance da secuenciación do ADN humano, os donos da información e a súa visión persoal do PXH. Soutullo é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía no I. E. S. do Grove. Colaborador, con artigos de divulgación sobre as implicacións sociais da Bioloxía, de A Nosa Terra e Página Abierta. Publicou os libros La explosión demográfica mundial, De Darwin ao ADN e La Eugenesia. Desde Galton a hoy. Na rede podemos ler Darwin, a euxénese e o darwinismo social e Uso e abuso da clonación extraído de De Darwin ao ADN. Máis información no Canal Ciencia de Vieiros.
.