Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEN DATAS PARA AS NOVAS XUNTANZAS

Corea do Norte acepta volver ás conversas co Sur

O proceso de aproximación entre as dúas coreas recibira un pau esta semana logo de que Corea do Norte decidise unilateralmente a cancelación das probas previstas na liña ferroviaria entre os dous países, o que se pretendía fose un momento simbólico logo de máis de medio século de illamento. Con todo, Corea do Norte anunciou que acepta a chamada de Corea do Sur a abrir unha nova rolda de negociacións, de caracter fundamentalmente económico, aínda que pediu adiar as datas propostas, que inicialmente fixaban para comezos de xuño a primeira xuntanza.

- 07:19 26/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)