Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROBLEMAS CO MATERIAL

Chus Lago obrigada a abandonar a expedición Merab Khabazi

O mal estado dos materiais cos que contaba Chus Lago para realizar a súa expedición "Merab Khabazi" provocou que a alpinista viguesa e o seu compañeiro Xoán Martínez, tivesen que abandonar o seu obxectivo de atravesar de este a oeste a illa de Grenlandia. Lago encontrábase incomunicada desde o pasado 9 de maio a causa dun fallo nos paneis solares, porén, foi o mal estado da batería da radiobaliza o que obrigou a galega a desistir do seu obxectivo xa que, de esgotarse a enerxía non poderían ser localizados ao rematar a expedición. Chus Lago xa anunciou que lle pedirá responsabilidades a empresa que lle dispensou o material.

- 08:40 18/05/2006
Tags:

Chus Lago, que partira o pasado 2 de maio cara Grenlandia co obxectivo de atravesar os case 700 quilómetros da illa de oeste a leste, viuse obrigada a abandonar a expedición debido ao mal estado dos materias cos que contaba. Lago e o seu compañeiro, Xoán Martínez foron localizados onte por unha avioneta e trasladados en helicóptero a Kangerlussuaq. Desde o pasado 9 de maio Lago encontrábase sen comunicación telefónica debido a uns problemas cos paneis solares, porén, a galega decidiu continuar xa que o teléfono non se considera algo fundamental para completar a expedición. Foi finalmente un fallo na batería da radiobaliza o que obrigou a galega a emitir unha mensaxe de rescate xa que, de esgotarse a enerxía a expedición non podería ser localizada de ningún xeito. A sinal, que debía repetirse durante unhas 48 horas só se emitiu unha hora e media, o que provocou que os equipos de rescate tardasen case tres días en localizar os expedicionarios.

Lago xa anunciou que lles esixirá responsabilidades os dispensadores do material para a expedición xa que, non só foi o fallo da radiobaliza e dos paneis, se non que o resto do material de arrastre tamén presentaba defectos e tivo que ser amañado numerosas veces durante o percorrido.


Ligazóns

0/5 (0 votos)