Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CUMIO UNIÓN EUROPEA-AMÉRICA LATINA

En coiros contra as papeleiras

"Basta de papeleiras contaminantes". Así podía lerse no cartaz asinado por Greenpeace co que unha moza brincou case espida diante dos líderes políticos da Unión Europea e América Latina que se facían a foto conxunta este venres en Austria logo da xuntanza internacional desta semana. Evangelina Carrozo, raíña do entroido de Gualeguaychú, da rexión arxentina de Entre Ríos, protestaba así contra as papeleiras que as empresas Ence e Botnia constrúen preto da zona, na beira uruguaia da fronteira entre os dous países. A rapaza accedeu ao cumio de xefes de Estado cunha acreditación de prensa a nome do grupo ecoloxista. No diario Clarín hai un vídeo do acontecido.

  • Arxentina levará o conflito das papeleiras ao tribunal da Haia
  • O presidente uruguaio pide xuntanza co arxentino para arranxar o conflito das papeleiras
  • A finlandesa Botnia para as obras da celulosa para axudar ao diálogo de Uruguai e Arxentina

- 12:47 12/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)