Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
UNHA NOVA CANLE DE CIRCULACIÓN CULTURAL

Vía Galego quere afortalar os vínculos entre países lusófonos

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer o pasado 25 de abril a Fundación Vía Galego para complementar o traballo da institución que preside Carlos Callón en varios aspectos, como son a actuacións públicas e os camiños para a resolución de problemas ou as diversas xestións no ámbito galego-portugués. Segundo se pode ler na súa web, a fundación, levará a cabo un traballo distinto ao da Mesa, "procurando impulsar moitas iniciativas", varias delas totalmente innovadoras, "e non sempre en colaboración co aparato público", senón partindo de asociacións de base que axuden a consolidar un sentimento global vía galego.

- 15:59 16/05/2006
Tags:

É un proxecto meditado, que anunciou xa o expresidente da Mesa Xosé Manuel Sarille no Fórum da Língua 2004, que se celebrou en Compostela, e que pretende fuxir do mercantilismo que marca hoxendía os intercambios entre a Galiza e os demais países da lusofonía. Neste sentido, Vía Galego di que as relacións comerciais alén-aquén Miño medraron nun 200 por cento nos últimos 20 anos, non sendo así no eido da cultura, do que existe un baleiro de conexións entre ambos os dous territorios.

Na presentación, a fundacion estivo arroupada polos seguintes membros do seu padroado como son Carlos Callón, María Xosé Jamardo, Enrique Sáez Ponte, Quico Cadaval e Xavier Alcalá, Xavier Vence, Bernardo Penabade, Pilar García Negro, Miguel Barros, Carmen González Boo, Susana Romero e Fátima Braña. Ademais, asisitiron Anxo Quintana e Néstor Rego para representar aos políticos do país. Estes e outros persoeiros que presenciaron o nacemento da fundación acordaron traballaren coa suxestión e as ideas para achegar a comunidade galega coa brasileira, portugesa e as demais que teñan o idioma como denominador común.

Outro dos puntos nos que vai centrar o seu labor a nova canle de circulación cultural, é no de traballar para o galego exterior que se fala en áreas de Asturias, Castela ou Estremadura, como son San Martín de trebellu, Valverdi du Fresnu e o Val das Ellas, entre outas localidades, xa que, segundo recolleu o Portal Galego da Lingua no día da presentación, a nova fundación espera "que triunfen as ideas da circulación cultural, da influencia e da comunición para favorecer a normalización lingüística". Ademais, a recén creada fundación agarda poder botar abaixo o sin sentido pero afincado en boa parte da poboación galega, de que a cultura portuguesa non vai con eles.

Con esta nova inciativa, Vía Galego non pretende volver abrir o debate normativo, senon achegar, informar sobre as cuestións da cultura e dos proxectos dos cidadáns galegos, mozambicanos ou portugueses como fixeron tamén recentemente outras asociacións como a ATTAC Braga coa Semana da Galiza em Braga, encontro organizado entre os pasados dias 18 e 26 de marzo, a Associação de Solidariedade com a Galiza 'Gz.Pt', organizou en Lisboa as Jornadas da Galiza nas mesmas datas, así como a Festa galega que celebrou a Asociación galego –portuguesa do Porto, ou proxectos como Audiencia Zero, segundo recolleu no pasado número o Novas da Galiza.

Antón Losada afirmou na presentacion do proxecto que "a promoción da lingua é un obxectivo irrenunciábel". Vía Galego pretende ir máis aló, trala pista dun pasado común e un futuro elaborado coa mesma pasta, tendo en conta a realidade de cada un dos recunchos de cada país e apostando pola cultura en galego como o vehículo para axudar a conformar un imaxinario no que poidamos entendernos centos de millóns de persoas que falamos un mesmo idioma. Por un unha lingua e cultura propias e consensuadas.


0/5 (0 votos)