Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
REXEITA O DOMINIO PROPIO PARA AS WEBS PORNOGRÁFICAS

A ICANN non autoriza o .xxx

Por nove votos en contra fronte a cinco a favor, a Corporación para a Asignación de Nomes en Internet, a ICANN, rexeitou autorizar a creación dun nome de dominio específico para as webs que inclúen contidos de pornografía, industria en crecente expansión en internet. Fronte á presión de grupos conservadores e empresas a prol e en contra da posibilidade do .xxx, a institución argumenta que a decisión ten que ver con cuestións técnicas e non políticas.

- 09:57 12/05/2006
Tags:

Hai anos que xurdiu o debate sobre esa posíbel asignación de nomes de dominio baixo o sufixo .xxx para as webs pornográficas. Nunha primeira solicitude, tramitada por unha empresa estadounidense adicada á xestión de dominios, a ICANN rexeitara hai xa seis anos autorizar o .xxx. Pero o pasado mes de xuño, logo de reconsiderar o proxecto, a institución chegara a un primeiro acordo para que as webs con contidos de acceso exclusivo para adultos puidesen acollerse a enderezos con ese nome de dominio.

Agora, a ICANN vénse atrás nese acordo preliminar argumentando, segundo declaracións dalgún dos seus responsábeis á BBC, que a creación deste dominio poñía ao organismo internacional "en posición de ter que facer cumprir na rede todas as regras mundiais que gobernan a pornografía". Lembrámoslles que respecto a esta posibilidade, grupos conservadores e relixiosos despregaron unha forte campaña principalmente en contra da introdución do .xxx, toda vez que consideraban que facilitaría a identificación de webs pornográficas. Paradoxalmente, desde outros sectores lembran que precisamente esa facilidade de identificación tamén faría máis sinxelo o establecemento de sistemas de seguridade para que, por exemplo, os menores non puidesen acceder a eses contidos para adultos. Ademais, os partidarios do .xxx subliñan que serviría tamén para definir normas que axudasen a evitar que estas webs sexan foco de todo tipo de virus, programas espía e outros tipo de bechos informáticos que agochan e cos que infectan os computadores dos visitantes.


Ligazóns

0/5 (0 votos)