Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"XORNALISMO RIGOROSO E INDEPENDENTE"

Le Monde Diplomatique, II Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa

Aproveitando a celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, o Colexio Profesional de Xornalistas, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova proclamaron hoxe ao xornal Le Monde Diplomatique gañador do II Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa. A organización sinala deste xeito a Le Monde Diplomatique pola súa "defensa da liberdade de prensa e polo seu empeño en facer un xornalismo rigoroso e independente das presións políticas e económicas".

- 16:17 03/05/2006
Tags:

O nome do gañador do II Premio Xosé Couso deuse a coñecer hoxe pola maña en rolda de prensa. Nela, o presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, quixo lembrar na súa intervención ao xornalista que dá nome ó premio, Xosé Couso, e as circunstancias do seu falecemento. A modo de presentación, expresou tamén a súa satisfacción porque "Ferrol se converteu outra vez na capital do xornalismo" con motivo da celebración na cidade dos actos de conmemoración do Día da Liberdade de Prensa.

O secretario do premio, Darío Janeiro Pereira, salientou que "o premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa, constitúe unha chamada de atención, un recordo constante na defensa dun dos dereitos fundamentais dos xornalistas e, sobre todo, dos cidadáns; un dereito que habitualmente é vulnerado polas autoridades e que, por desgracia, cústalle a vida ou a liberdade a centos de xornalistas habitualmente". Janeiro felicitou a todo o equipo do xornal galardoado, o que definiu como "un medio de comunicación de referencia no movemento alter-mundialista". O secretario do premio aproveitou a ocasión para darlle novos pulos á familia de Xosé Couso "na súa loita por esclarecer os feitos e poñer aos culpábeis diante dos tribunais de xustiza".

A continuación, o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega, quixo felicitar aos colexiados do CPXG e aos membros do Club de Prensa de Ferrol polo sua eleción xa que, ao seu xuízo, Le Monde Diplomatique simboliza a función dun medio como contrapoder, ao servizo do dereito dos cidadáns á información. "Se Alí Lmrabet representaba a personificación dos principios que todo xornalista debe ter para o exercicio ético da súa profesión, eses principios tamén os representa un medio como Le Monde Diplomatique" afirmou Vega.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: