Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENTRES NO RESTO DO MUNDO MEDRA A TENDENCIA A PROL DA ABOLICIÓN DA PENA

China, Irán, Arabia Saudí e EUA executaron a dúas mil persoas en 2005

En conxunto, estes catro países aplicaron a pena de morte durante o último o ano en 2.019 ocasións, mentres que outros 18 países executaban a outras 128 persoas. Tal é o balanzo presentado por Amnistía Internacional, que recolle tamén que no mesmo período foron condenadas a morte un total de de 5.186 persoas. Así e todo, desde o colectivo gaban que en 20 anos, o número de países que aplican a pena de morte reduciuse á metade.

- 07:03 21/04/2006
Tags:

México e Libera son os exemplos máis recentes de países que decidiron suprimir a pena máxima, nunha tendencia xeralizada nos últimos anos por todo o mundo. "Cando o mundo se afasta cada vez máis do uso da pena de morte, constitúe unha anomalía que Arabia Saudí, China, Estados Unidos e Irán destaquen polo uso estremo que fan desta forma de castigo", critica Irene Khan, secretaria xeral de Amnistía Internacional

"Son os maiores verdugos do planeta", láiase Khan, lembrando que ademais do alto número de condenas asinadas nos últimos doce meses, en conxunto, no mundo hai agora mesmo 20 mil persoas condenadas a morte "que están á espera de que as maten os seus propios gobernos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: