Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRO ACTO PÚBLICO INSTITUCIONAL "TRAS ANOS DE SILENCIAMENTO"

A homenaxe aos represaliados inaugura o Ano da Memoria na Illa de San Simón

O Ano da Memoria arrinca este sábado na Illa de San Simón cunha homenaxe a todas as persoas que padeceron a represión durante a Guerra Civil e na ditadura. Repreliados, familiares e asociacións vencelladas á recuperación da memoria histórica serán as protagonistas dun acto que reunirá a máis de 250 persoas, e no que a consellaría de Cultura anunciará as actividades que se desenvolverán durante este Ano da Memoria. Intervirán a antifranquista exiliada Mariví Villaverde e, a xeito de guía, Manuel Barro, un dos 5.000 presos de San Simón. A visita rematará na illa pequena de Santo Antón, onda o cemiterio. Alí fusilaban os presos. En San Simón hase establecer o Centro da Memoria, que coordenará todas as actividades de investigación e de difusión que se realicen en 2006.

- 09:05 07/04/2006
Tags:

En Santo Antón realizarase unha ofrenda floral en homenaxe aos mortos e represaliados, co acompañamento musical do gaiteiro Xosé Manuel Budiño. O acto incluirá tamén o recital de Poemas pola memoria, unha antoloxía de textos poéticos escritos entre 1936 até agora que reivindican a recuperación da memoria e o traballo da resistencia antifranquista. Un grupo de cámara e a proxección do documental Illados, con testemuños das persoas que estiveron en San Simón, illa reconvertida nun gran campo de reclusión tras o golpe de Estado do 18 de xullo.

Investigación

O Centro da Memoria beneficiarase do convenio recentemente asinado entre a consellaría de Cultura e as tres universidades galegas, co obxectivo de iniciar un proxecto de investigación que, por primeira vez, analice de xeito sistemático a represión padecida en Galiza entre 1936, tras o levantamento militar, e 1950.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: