Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA PIDE CALENDARIO PARA CORRIXIR O DÉFICE HISTÓRICO

Tráfico, inmigración, salvamento marítimo... as competencias que veñen

"Chámenlle coma queiran", comentou o Vicepresidente da Xunta ao fío dunha reinvidicación que desde o BNG veñen cualificando de "débeda histórica" e que formalmente está xa na mesa do goberno español baixo a denominación "défice estrutural". Son, segundo a avaliación dos nacionalistas, arredor de 21 mil millóns de euros cos que o executivo de Madrid debera compensar a Galiza, fundamentalmente no ámbito das infraestruturas. Nun primeiro momento da negociación vaise definir precisamente esa cantidade, para despois establecer os mecanismos de pago.

- 07:00 06/04/2006
Tags:

"Hai que ser firmes, esixentes, pero dialogantes", afirmou o Vicepresidente da Xunta no Parlamento, ao fío dunha reinvidicación que, de xeito global, vén sendo apoiada polos tres grupos parlamentarios. Anxo Quintana volveu subliñar a importancia da "cooperación intelixente" coma estratexia para a defensa dos intereses de Galiza diante do goberno español e advertiu que "os galegos non teñen que pedirlle permiso a Madrid para reclamar o que é seu".

A comisión bilateral de cooperación entre a Xunta e o goberno do Estado será o foro que, desde a súa primeira xuntanza neste mes de abril, iniciará os traballos para a definición desa débeda. O primeiro chanzo será o establecemento de grupos de traballo en áreas diversas que cuantifiquen as eivas de investimento en Galiza en cada un dos departamentos do goberno galego. A continuación vanse negoicar os mecanismos de pago e finalmente a temporalización para a chegada deses investimentos. Inicialmente, A Xunta subliña catro áreas deficitarias: emprego, educación, sanidade e infraestruturas, destacando os 15 mil millóns de euros que se considera que se deixaron de investir en Galiza.

Mentres, desde o PPdeG, o deputado Xesús Palmou dixo que Anxo Quintana "está fracasando nesa cooperación intelixente" e aproveitou para teimar na acusación do "desencontro permanente" que na opinión dos populares teñen os socios do bipartito. De xeito especial referiuse ao recente conflito para a transferencia do Instituto Social da Mariña, negociada pola Vicepresidencia e anunciada por Emilio Pérez Touriño que se outorgou o protagonismo no desbloqueo do traspaso: "O señor Touriño pasouno ao burladoiro para rematarlle a faena que comezara vostede, malia que non era touro senón carneiro", comentou Palmou.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: