Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CULTURA SOLIDARIA GALEGA XA ESTÁ EN NÍXER

Tres galegos no país máis pobre do mundo

Francisco Fernández Naval, Camilo Franco e Afonso Costa visitan nestes momentos os centros terapéuticos tradicionais de Maiahi (Níxer), onde os nenos son sometidos a un plan de recuperación intensiva -a base de leite enriquecido- dun mes de duración, que decide o seu traslado -ou non- aos centros nutricionais de Acción Contra a Fame, a oenegué que organiza a viaxe dentro da súa campaña Racha co silencio. A recuperación alí pode prolongarse até seis meses. Os galegos terán tempo para visualizar algunhas das experiencias estremas do Níxer: 46 anos de esperanza de vida e taxas do 131 e o 34% se falamos de mortalidade infantil e malnutrición. O delegado de Accción Contra a Fame en Galiza, Pepe Esteller, sinalou que o obxectivo se substanciará á volta: charlas, coloquios, unha exposición de Costas para colleitar fondos e un libro-catálogo con textos de Franco e Naval e ilustracións do pintor. Editará Xerais.

- 15:21 04/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: