Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
[Billarda][Seleccións Galegas]

A Liga Nacional de Billarda xa ten campión (e canal de televisión)

O olimpo dos grandes deportistas galegos conta dende o pasado domingo cun novo ídolo: David Díaz. O palanador do equipo dos Petapouco de Barreiros proclamouse campión absoluto da Superliga 2005-2006, conquistando logo dunha "magnífica temporada", o último torneo de clausura fronte ao seu máximo rival, Vicente da Ekipa SaFaRi "que ate o último suspiro mantivo o tipo no cemento pulido da parroquia do concello lugués de Lourenzá". Así o narran as epopeas d'O Varal, o voceiro da Liga Nacional de Billarda, que non só se encargou de promover e promocionar este campionato senón que até creou unha televisión propia para retransmitilo. En Televaral pódense ver os vídeos cos mellores momentos da final e variadas entrevistas: ao campión, ao equipo dos Petapouco, a cantineira... e mesmo ao futuro seleccionador galego de billarda. Non o perdan.

- 12:41 04/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)