Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
SITUARANSE NOS BAIXOS DO LOCAL SOCIAL

Boiro contará con locais de ensaio para grupos novos

O Concello de Boiro contará con locais de ensaio para a mocidade en datas próximas. No transcurso dun encontro con mozos músicos boirenses o Director Xeral de Xuventude, o nacionalista Rubén Cela, manifestou o seu apoio a esta iniciativa perante o alcalde boirense, Xosé Deira, a delegada de mocidade da corporación, Dores Torrado (ambos do BNG) e o socialista Xerardo Piñeiro. Cando se concrete esta actuación os grupos contarán con locais insonorizados cun equipamento mínimo básico nos baixos do Centro Social. Será chegar cos instrumentos, enchufar e a tocar!

- 08:24 14/03/2006
Tags:

Boiro sumarase así a esta interesante proposta que só algunhas cidades ofertan como Coruña, Vigo ou Compostela, que contán con locais ao servizo dos grupos da localidade, nos que cun sistema de rotación van accedendo os grupos para ensaiaren. Contan ademais cun equipamento musical básico de amplificación, batería, micrófonos e, nalgún caso até instrumentos, algunhas das principais carencias que os grupos novos teñen, xunto a carencia dun local que os fai ensaiar en cortellos, galpóns, garaxes ou baixos sen acondicionar, coa conseguite molestia aos veciños, que ás veces non adoitan comprender os novos estilos musicais.

Ademáis grazas a isto os grupos estabelecen relacións entre sí e acometen proxectos conxuntos máis ambiciosos. Ogallá se faga realidade axiña este proxecto e que sexa exemplo para os demais concellos da bisbarra. Dores Torrado avanzou que, se todo sae como se prevé, as obras se adxudicarán antes do verán.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: