Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
MEDIO AMBIENTE EMITIU INFORME DESFAVORÁBEL, CONCELLO E SINDICATOS PRESIONAN

Mina de andalucita innegociable

O mércores 22 de Febreiro Xose Luis Baleato Secretario Xeral da Federación Ecoloxista Galega (FEG) asistiu representando a Guerrilleir@s das Fragas-FEG (presentes tamén representantes de ADEGA, FEG e SGHN) a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para tratalas posturas sobre a mina de andalucita proxectada no Monte Fontardión no Parque Natural Fragas do Eume. Nesta reunión o representante do Concello de As Pontes asegurou que: "Guerrilleir@s das Fragas-FEG consideraba que a instalación da mina de andalucita podería ser negociada coas medias compensatorias e correctoras oportunas.",

- 10:18 03/03/2006
Tags:

A Guerrilleir@s das Fragas-FEG preocúpalle esta afirmación, esperando que sexa froito dun mal entendido e non realizada con mala fe. Nun escrito dirixido o alcalde do Concello de As Pontes, solicitámoslle que os representantes do Concello en vindeiras reunións ou actos públicos se limiten estritamente a desenrolar a súa función, e expuxémoslle a oposición a calquera actuación que afecte seriamente o espazo natural mais relevante de Galicia.

Consideramos que a mina de andalucita é innegociable polas seguintes razóns:
1. Situase a escasos 800 mts do Canon do Eume a zona de maior valor do Parque Natural Fragas do Eume.
2. Afecta a especies raras: como a unha aguia coñecida como Tartaraña cincenta, a Salamántiga galega ou o Bufo real, neste último caso a mina situase a menos de 2 km do lugar de nidificación dunha das 10 parellas existentes en Galicia.
3. Afecta a especies emblemáticas da nosa fauna: o Lobo vai ver reducidos os seus territorios habituais e terá que ocupar outros mais humanizados cos problemas que isto ocasiona.
4. O Monte Fontardión e o corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e o Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro xa que o entorno circundante esta moi alterado a consecuencia da escombreira da Central Térmica de ENDESA e o Encoro do Eume.
5. Impacto ambiental a longo prazo: a vida estimada da mina de andalucita é de 54 anos nos cales mutilarase irreversiblemente a ladeira norte do Monte Fontardión rebaixando o perfil en 140 mts..
6. A execución deste tipo de proxectos en espazos naturais legalmente protexidos é preocupante debido o que podería acontecer nos espazos naturais non protexidos ou baixo figuras de protección de menor rango.

As minas son un atentado á paisaxe, unha agresión visual e sonora, ademais dunha destrución do propio medio físico e biolóxico que resulta dificilmente compatible coa preservación dos hábitats de importancia europea afectados, ou coa protección das especies ameazadas que campan pola zona. Pero si non é suficiente as minas crean postos de traballo precarios, cos 6 millóns de Euros de inversión pública existente neste proxecto, poderíanse crear postos de traballo dignos en áreas moi diversas: Restauración forestal, reparación e mantemento de sendas naturais, vixilancia , guías da natureza e equipos de educación ambiental específicos para a poboación local. Estas actividades, xunto cun turismo correctamente orientado e xestionado, deixaría moitos máis recursos nas zonas rurais e favorecería a conservación da natureza dun xeito sustentable.

Co anteriormente exposto resulta incrible a postura de defensa deste proxecto por parte do Concello de As Pontes, as posibles explicacións son:
1. O Concello é propietario dunha parte considerable dos terreos afectados co que se sanearían as depauperadas arcas municipais.
2. A creación de postos de traballo podería salva-lo do fracaso nas vindeiras eleccións, a un partido carente de ideas a nivel local e con serios problemas na estrutura interna a nivel nacional.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: